Hemeroteca club

Nace a bancada Concello de Vigo-Celta

RC Celta

Presentacion_grada_Concello-Celta.jpg

As 1.600 localidades da bancada de Fondo destinaranse a colectivos vigueses de diversa índole

 

O Concello de Vigo e o Real Club Celta anunciaron esta mañá a creación da bancada Concello-Celta: “hoxe damos unha boa noticia á afección e á cidade de Vigo. Dentro da conmemoración do 90 aniversario do Celta, o Concello e o club fixeron un gran sacrificio para pór a disposición de diversos colectivos as 1.600 butacas da bancada de Fondo”, explicou o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño.

 

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu máis detalles sobre o convenio entre ambas as entidades: “cada partido que o Celta xogue en Balaídos esas 1.600 localidades estarán destinandas a nenos e nenas de colexios públicos e concertados e a colectivos de ámbito social, pero tamén culturais e deportivos. Os voluntarios do Concello, que tanto dan sen pedir nada a cambio, e as persoas en situación de desemprego que por circunstancias non poden acudir a Balaídos, tamén se beneficiarán deste acordo”. O rexidor vigués asegurou que “este é un gran paso para fomentar o deporte e o apoio ao Celta na cidade”.

 

No acto tamén estiveron presentes a tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva; os vicepresidentes do club Ricardo Barros e Pedro Posada; os conselleiros célticos Carmen Avendaño e Antonio Rosendo; e o director da Fundación Celta, Serafín Alonso.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas