Nara Fernández Groba (25 de marzo do 2008) é a nova incorporación para a dianteira de As Celtas. Natural de Salvaterra de Miño, a moza de 16 anos reforzará o ataque do conxunto celeste.
Procedente do Lóstrego CF onde militou a tempada pasada, comezou a súa traxectoria deportiva no Porriño Industrial onde xogou desde benjamines ata cadetes. Por outra banda, foi convocada coa selección galega sendo Campioa de España Fase Prata 2022/2023 e Subcampioa de España Fase Oro 2021/2022.
O RC Celta recibe a esta nova promesa que achegará talento, habilidade e fortaleza á dianteira de As Celtas.
Benvida, Nara!