As Celtas continúan sumando talento coa incorporación da centrocampista, Nerea González Cuquejo, que achegará equilibrio e visión de xogo desde a medular.
Con 27 anos, conta cunha ampla traxectoria deportiva en distintos equipos do panorama nacional. Natural da Coruña, iniciou a súa carreira no Orzán, onde se formou durante varios anos ata a tempada 15/16. Posteriormente, xogou no Victoria CF antes de iniciar varias etapas en diferentes equipos históricos como o Real Oviedo, o Olímpico de León, o Friol ou o Burgos CF.
Nas últimas campañas, militou no Atlético Vilalonga consolidándose como unha xogadora cunha gran capacidade de distribución e chegada desde a segunda liña.
O Celta quere darlle a benvida e desexarlle moitos éxitos nesta etapa como celeste.
Benvida, Nerea!