16x9 Noa
O Club

Noa García formará parte de As Celtas

RC Celta

Noa García Mosquera (23 de febreiro do 2007), un novo talento para o centro do campo de As Celtas. A xogadora de 17 anos formará parte das filas do conxunto celeste tras contar cunha longa traxectoria no deporte profesional.

Natural de Pontecesures, iniciou a súa carreira deportiva con tan só 5 anos no Ulla CF onde permaneceu ata os 10 anos. O seu seguinte destino foi o Victoria CF, equipo no que militou ata a tempada pasada, onde se proclamou campioa da primeira Liga Promesas Feminina.

Por outra banda, Noa conta cunha importante traxectoria como internacional sendo subcampioa de España da Fase Oro sub15 e da Fase Oro sub17 coa selección galega. Ademais, foi convocada en dúas ocasións pola selección española sub16.

As Celtas suman ao seu cadro a habilidade e talento da cesurá que seguro será unha peza clave para o conxunto celeste.

Benvida, Noa!

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas