Hemeroteca club

Nolito inaugura a iluminación do Nadal de El Corte Inglés

RC Celta

nolito_corte_ingles_271114.jpg

Mañá, venres, ás 20.00 horas, con moitas novidades e sorpresas

 

A inauguración oficial da iluminación do Nadal de “El Corte Inglés” terá lugar mañá venres ás 20.00 horas, momento no que se acenderán as luces e poranse en funcionamento as casetas do Nadal da marquesiña, nas que se poderán degustar desde chocolate quente ata produtos típicos desta época. Tamén se activará a iluminación da árbore do boulevard, de 15 metros de altura, e das árbores da Gran Vía, que por primeira vez tamén se cubrirán de luces.

 

Este ano o aceso correrá a cargo do xogador do Real Club Celta Nolito, do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e de David Russell, recoñecido guitarrista de renome mundial, presidente da ONG Ás 5. Acompañaralles a clienta agraciada no sorteo da promoción “A nosa estrela do Nadal es ti”, elixida entre as máis de 10.000 papeletas que encheron as urnas habilitadas para esta iniciativa, coa que os Grandes Almacéns en Vigo quixeron premiar a fidelidade dos seus clientes.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas