Hemeroteca celtismo

Nolito, Larrivey e Berizzo cós afeccionados celestes no Corte Inglés de Vigo

RC Celta

canalplus-celta-elcorte.jpg

Os xogadores e o técnico estarán na Planta 6 dos grandes almacéns o xoves de 18:30h a 20:00h

 

O RC Celta, en colaboración cos seus patrocinadores, continúa traballando para achegar o club e o equipo á súa afección. O Corte Inglés de Vigo será escenario este xoves 11 de decembro dun novo encontro entre afeccionados e unha representación do plantel céltico, un acto organizado coa colaboración dos grandes almacéns e Canal+.

 

Nolito, Larrivey e Berizzo atenderán aos seguidores celestes entre as 18:30 e as 20:00 horas na Planta 6 do Corte Inglés (C/ Gran Vía 25), unha ocasión inmellorable para que os afeccionados coñezan en persoa aos dous xogadores e ao técnico céltico, ademais de conseguir os seus autógrafos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas