O RC Celta lanzou o Centenario do club a finais do pasado ano cunha frase que vai cobrando sentido en cada iniciativa: “O Centenario é para todos”. A afección celeste decidirá neste inesquecible 1923 o nome da sección inferior da nova bancada que substitúe á derruida de Marcador mediante unha enquisa que o club lanza para todo o celtismo. Repítese desta maneira a exitosa fórmula utilizada para dar nome á Cidade Deportiva Afouteza con protagonismo absoluto para o celtismo.
Na elaboración de programa de actividades e accións para conmemorar o Centenario, o club xa foi da man da súa afección de maneira decidida e moitas das súas propostas incluíronse no calendario de actos deste acontecemento único. Elixir o nome á nova bancada era tamén una das iniciativas previstas para que o celtismo participase de maneira directa, como así ocorrerá agora cunha enquisa aberta a toda a afección.
Na primeira fase, os afeccionados poderán propoñer, desde este momento e ata a noite do domingo, o nome que lle darían á sección inferior da bancada e, unha vez seleccionados os máis repetidos, poderán elixir entre eles o que consideren máis apropiado para esta nova bancada do estadio de Abanca Balaídos.
As propostas, que non poderán incluír nomes propios, pódense realizar AQUÍ desde este momento e ata o próximo martes, día 9, ás 00:00 horas.
A partir dese día, os afeccionados poderán elixir entre os nomes seleccionados