Tras pechar, cun notable éxito de participación, a primeira fase da enquisa aberta á afección celeste para decidir o nome da sección inferior da nova bancada que substitúe á derruida de Marcador, o RC Celta pon en marcha este venres ás 10:00 horas a votación entre as propostas máis significativas. Os seguidores célticos poderán votar ata o domingo ás 23:00 horas. Con esta iniciativa, o club repite a fórmula utilizada no seu momento para a Cidade Deportiva Afouteza, que tamén recibiu un respaldo masivo do celtismo.
Os afeccionados terán á súa disposición os seguintes nomes na plataforma habilitada para a votación:
-A Batea
-Bancada 1923
-Bancada Celeste
-Bancada Irmandiña
-Bancada Seareiros
-Esmorga
-Fogar de Breogán
-Fondo
-Marcador Baixo
-Marea Celeste
O club quere expresarlle ao celtismo o seu agradecemento pola súa fantástica resposta e gran implicación nesta iniciativa encamiñada a posibilitar que sexan os seguidores do RC Celta os que decidan como se chamará a sección inferior da nova bancada do estadio.
Os afeccionados poden votar desde este venres ás 10:00 AQUÍ