Os abonados poderán completar renovaciones e altas sen desprazarse a Balaídos
A campaña de abonados para a próxima tempada, especialmente ilusionante trala brillante campaña recentemente concluída e os históricos proxectos iniciados polo club, marca un fito na atención ao abonado, con novedosas iniciativas como as novas taquillas ou o amplo horario establecido, entre outras. Pero o club quixo dar un dado un paso máis cunha nova medida encamiñada a facilitar a sencillez e comodidade da tramitación: Os abonados e afeccionados que realicen renovaciones e altas online recibirán o carnet na súa casa.
Con esta iniciativa, os abonados celestes poden completar a renovación ou alta dos seus abonos sen ter que desprazarse en ningún momento ás taquillas de Balaídos, xa que os trámites poden realizarse de xeito sinxelo, rápido e seguro a través da páxina web do club co enlace: http://www.celtavigo.org/abonosCelta/home.do e en tan só uns días, unha semana aproximadamente, recibirán o carnet no seu domicilio en calquera punto da xeografía española.
O R.C.Celta apontoa deste xeito o servizo aos seus abonados que, por diversos motivos, teñen dificultades para desprazarse ás taquillas de Balaídos. O club anima aos abonados a que renoven canto antes o seu carnet para gozar das vantaxes e descontos incluídos na campaña durante o mes de xuño.