Hemeroteca club

Novos actos do 90 aniversario, entre eles xornada de portas abertas en Balaídos

RC Celta

logo90aniversario.jpg

Os afeccionados poderán visitar o Museo e varias dependencias do estadio

 

O Real Club Celta porá en marcha este venres novos actos con motivo da celebración do seu 90 aniversario. Entre outras iniciativas, o club celebrará unha xornada de portas abertas en Balaídos e os afeccionados poderán visitar o Museo celeste e o estadio. Haberá ademais unha misa na Concatedral de Vigo oficiada polo bispo da diocese de Tui-Vigo.

 

O Real Club Celta continúa promovendo diversos actos para conmemorar os seus 90 anos de existencia. Este venres, a partir das 13.00 horas, o bispo da Diocese de Tui Vigo, monseñor Luís Quinteiro, oficiará unha misa na Concatedral de Vigo na que se realizará unha ofrenda floral ao Santísimo Cristo da Vitoria. Asistirán, entre outros, o consello de administración e o plantel e corpo técnico celestes, así como unha representación das categorías inferiores.

 

Durante a mañá deste venres, entre as 10.00 e as 14.00 horas, as instalacións do Real Club Celta en Balaídos ofrecerán unha histórica xornada de portas abertas. Os afeccionados celestes poderán visitar o Museo do Club e as dependencias do Estadio de Balaídos, entre elas o túnel de saída ao campo e o vestiario do primeiro equipo.

 

Ao longo desa xornada haberá ademais unha iniciativa alusiva á efeméride no centro da cidade e a canle de televisión do club, Celta TV, emitirá un vídeo elaborado con motivo do 90 aniversario, mentres que a páxina web oficial, www.celtavigo.net, incluirá tamén unha mensaxe institucional.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas