-
Nuria Gómez Sánchez (27 de abril de 2004) xa é porteira de As Celtas. Aos seus 20 anos, a talentosa xogadora de A Estrada trae consigo unha traballada traxectoria no mundo do fútbol ao cadro celeste.
Nuria iniciou a súa carreira futbolística á idade de 5 anos e rapidamente destacou na posición de porteira aos 7. Comezou no CD San Mamede de Vedra e, entre 2015 e 2020, compaxinou o fútbol no SD Chispa de Vilanova de Arousa co fútbol sala no A Estrada FS, lugares onde se desenvolveu como xogadora ata formar parte do Depor B.
A súa habilidade e compromiso quedaron patentes cando con 12 anos converteuse en titular na Liga Galega Senior de fútbol sala, sendo convocada en varias ocasións pola Selección Galega nas categorías sub-12, sub-15 e sub-17. Convocatorias que a axudaron a, en 2020, ter a oportunidade de asistir a unha concentración coa Selección Española sub-16.
Agora, Nuria únese a As Celtas lista para achegar seguridade e confianza baixo paus.
Benvida, Nuria!
O Club