20250806_PresentaciónFIchajes_AbancaBalaídos_AndreiRadu, BryanZaragoza, FerranJutglà-3
Celtismo

Balaídos arroupa a Radu, Jutglà e Bryan Zaragoza na súa presentación como celestes

RC Celta

Abanca Balaídos viviu esta tarde unha xornada especial coa presentación das novas caras do Celta: Andrei Radu, Ferran Jutglà e Bryan Zaragoza. Baixo un sol propio de agosto, o estadio reabriu as súas portas por primeira vez esta tempada, a tan só unha semana do debut en LALIGA EA SPORTS fronte ao Getafe CF, para que preto de 2.000 celtistas puidesen achegarse e darlle a benvida aos novos pupilos de Claudio Giráldez.

Un por un, os novos xogadores foron saíndo ao céspede entre aplausos. Radu compartiu as súas primeiras impresións sobre Vigo e a acollida que tivo. Jutglà falou sobre os seus primeiros días ás órdenes do míster e a súa adaptación a diferentes posicións. Mentres que, Bryan Zaragoza, o último en saltar ao campo, amosouse ilusionado por esta nova etapa como celeste.

Tras a presentación, os tres fotografiáronse coa afección, asinaron camisetas, bufandas e balóns, e compartiron un bo intre con todos os celtistas alí presentes, deixando unha imaxe para o recordo.

Desde o club queremos agradecer a todos os seareiros a súa presenza e cálida acollida. En plena onda de calor, unha vez máis, o celtismo demostrou estar sempre ao pé do canón. Grazas por unha benvida perfecta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas