Hemeroteca celtismo

O casco europeo do Celta, de balde para os primeiros clientes, botas e zapatillas adidas… moitos atractivos na nova tenda do Celta

RC Celta

cascomarchoquetenoquemarchar.jpg

 

A apertura este domingo ás 12.00 horas da nova tenda oficial do RC Celta en Balaídos, que se situará nas dependencias do Museo, suporá o punto de partida dunha intensa xornada na que o club e a afección festexarán a histórica clasificación europea lograda polo equipo celeste.

 

Con motivo do traslado da tenda a unhas novas dependencias que ofrecen maior amplitude e comodidade, poranse en marcha diversas promocións, unha delas especialmente rechamante e orixinal. Os primeiros 50 seguidores celestes que realicen unha compra superior a 30 euros na nova tenda recibirán de agasallo un casco conmemorativo da clasificación europea, un singular elemento que ‘popularizaron’ xogadores como John Guidetti ou Theo Bongonda na espontánea celebración da clasificación matemática para competición europea que tivo lugar tras o partido ante a Granada en Balaídos. A promoción durará até hora e media antes do partido.

 

Estes cascos, que estarán ademais á venda na nova tenda, serán un dos atractivos do novo espazo celeste, que ofrecerá outra gran novidade: a posta a disposición da afección, por primeira vez nun establecemento oficial celeste, dos principais modelos de botas e zapatillas deportivas da marca adidas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas