Hemeroteca celtismo

O Celta e a Fundación renovan o seu convenio de colaboración coa Federación de Peñas

RC Celta

convenio-fdp-20142015.jpg

“Este convenio únenos moito máis ás peñas e á afección”, asegurou o presidente Carlos Mouriño

 


VÍDEO EN CELTA TV


 

Carlos Mouriño, presidente do RC Celta; José Méndez, presidente da Federación de Penas e Germán Arteta, director da Fundación Celta, pecharon onte na sede social do club a renovación do seu convenio de colaboración. Tras a firma protocolaria o máximo dirixente céltico cualificou de “importantísimo” este convenio que “cada ano tratamos de mellorar un pouco” e que nos une moito máis ás penas e á afección”.

 

Pola súa banda, José Méndez mostrouse “moi agradecido” por un convenio que supón “un gran avance para os peñistas, que son os grandes beneficiados”. O presidente da Federación de Peñas considera que se está mellorando cada ano, algo que hai que agradecer ao Real Club Celta” e confirmou o gran momento social que está a vivir o celtismo: “Crecemos porque o equipo crece. Aumentou o número de peñas e tamén se nota na afluencia a Balaídos”.

 

No acto tamén estivo presente Argimiro Rodríguez, tesoureiro da Federación de Peñas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas