Hemeroteca club

O Celta e o celtismo renden unha sonora homenaxe ao olímpico David Cal

RC Celta

davidcal1.jpg

Balaídos ovacionou ao deportista cangués, quen realizó o saque de honra ante o FC Barcelona

 

O piragüista galego David Cal, máximo medallista olímpico na historia do deporte español, foi homenaxeado polo RC Celta nos prolegómenos do partido ante o FC Barcelona no estadio de Balaídos. O galego, que recentemente anunciou a súa retirada do deporte profesional, recibiu o agarimo do club vigués e dos afeccionados celestes, que se puxeron en pé e dedicáronlle unha sonora ovación tras realizar o saque de honra.

 

David Cal recibiu de mans do presidente céltico, Carlos Mouriño, unha metopa conmemorativa e unha camiseta do RC Celta. O padeeiro cangués, con 4 medallas de prata e 1 de ouro, é o deportista español máis laureado na historia dos XX.OO. Ademais, no seu espectacular palmarés conta tamén con 5 medallas do Campionato Mundial de Piragüismo (1 bronce, 3 pratas e 1 ouro) e outros 5 metais do Campionato Europeo da disciplina (4 bronces e 1 prata).

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas