COMPOSITE ÓPTICA DIAGONAL_page-0001
Novas club

O Celta e Óptica Diagonal selan unha alianza a favor da saúde visual dos celtistas

RC Celta

O Celta e Óptica Diagonal asináron un acordo que reforza o compromiso do club co benestar integral dos seus xogadores, xogadoras e afección. Esta nova alianza nace cun obxectivo claro: coidar a saúde ocular dos equipos celestes e de toda a familia celtista, promovendo a importancia dunha boa visión tanto no deporte como na vida diaria.

Grazas a este acordo, Óptica Diagonal convértese durante a tempada 25/26 en provedor oficial do club en materia de saúde visual, acompañando os diferentes equipos con revisións e asesoramento personalizados e tecnoloxía óptica de última xeración.

Ademais, Diagonal impulsará campañas de sensibilización dirixidas á afección, fomentando hábitos saudables e lembrando que ver ben tamén forma parte do rendemento e da calidade de vida. Entre estas iniciativas atópanse os seguintes descontos para todos os posuidores do Carné Celtista, en calquera das súas modalidades, e varios beneficios que poderán ser consultados en calquera das súas tendas:

  • 25% en lentes de sol e lentes graduadas

  • 20% en accesorios

  • 10% en todo tipo de lentes de contacto

Para o Celta, esta alianza supón un paso máis no seu compromiso coa saúde e o benestar. En palabras do club, “a vista é unha ferramenta fundamental no deporte, e contar cun aliado especializado neste ámbito reforza a nosa aposta polo coidado integral dos nosos futbolistas e da nosa comunidade”.

Pola súa banda, Óptica Diagonal expresa a súa satisfacción por unirse á familia celeste: “Para nós é un orgullo acompañar ao Celta e contribuír a que xogadores e afeccionados vexan o fútbol, e a vida, coa mellor claridade posible”, sinalaron os seus responsables.

Sobre Óptica Diagonal

Óptica Diagonal é unha empresa galega de referencia especializada en combinar saúde visual e moda, cunha traxectoria de case 40 anos na súa sede de Ourense e que chegou a Vigo inaugurando a súa flagship en 2023. Desde os seus inicios, a óptica apostou por ofrecer unha atención próxima e profesional, combinando un gabinete optométrico de última xeración cun equipo altamente cualificado.

Entre os seus servizos destacan revisións visuais completas, medida da tensión ocular, adaptación de lentes de contacto, control da miopía infantil e adaptación de lentes progresivas Varilux. Ademais, ofrece unha coidada selección de lentes graduadas e de sol de primeiras marcas, xunto con asesoramento estético-técnico, montaxe artesanal de lentes e opcións de financiamento sen intereses.

Comprometida coa innovación, a calidade e a satisfacción do cliente, Óptica Diagonal estende agora a súa misión ao ámbito do deporte de elite, poñendo a súa experiencia ao servizo do Celta.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas