Hemeroteca club

O Celta entrega as Insignias de Ouro nunha cerimonia cargada de celtismo e emotividade

RC Celta

insignias2016a

 

Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta, impuxo esta tarde as Insignias de Ouro do club a 25 fieis celtistas que cumpriron 50 anos de antigüidade como abonados. O Museo do Celta volveu ser escenario desta tradicional e emocionante cerimonia, un dos actos máis relevantes e significativos para a entidade céltica polo que representa. A homenaxe a estes veteranos afeccionados estivo cargado de agarimo e recoñecemento por parte do RC Celta e de todos os asistentes.

“Dádesnos ánimos para seguir nesta loita diaria por ser cada día un pouco mellores”, sinalou Carlos Mouriño dirixíndose aos homenaxeados, a quen agradeceu os seus 50 anos ininterrompidos de celtismo “animando, apoiando e ás veces criticando. Coas críticas facédesnos mellorar”, asegurou o mandatario celeste. Unha vez impostas as insignias realizouse a tradicional foto de familia xunto ao consello de administración do club, xogadores e corpo técnico do primeiro equipo e representantes da Federación de Peñas e da Agrupación Antigos Xogadores do RC Celta.

 

Os 25 abonados homenaxeados son: María Rosa Hidalgo, Manuel Gallego, Basilio Casal, Octavio Nodar, Raimundo Pérez, Juan Tizón, Álvaro Otero, José Rodríguez, Plácido Argibay, Modesto Bermúdez, Eugenio Rodríguez, Manuel Martínez, José Luis Vázquez, José Luis Pereiro, Orencio Núñez, Antonio Martínez, Ángel García, Isidro Rápela, José María Nicolás Alberte, Eusebio Cerqueira, Ramón Carrera, Julio Fernández, José Fernández, Francisco Cascallar e Ignacio Pinacho.

 

insignias2016b

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas