O ex xogador celeste sufriu unha grave lesión co FC Barcelona en partido de Champions League
O Real Club Celta quere transmitir a Rafinha, xogador do FC Barcelona e ex futbolista celeste, todo o seu agarimo e apoio e enviarlle unha mensaxe de ánimo tras a severa lesión que sufriu este mércores durante o partido de Champions League ante a AS Roma.
O club deséxalle unha pronta e total recuperación que lle permita continuar alcanzando éxitos na súa prometedora carreira futbolística.