Hemeroteca celtismo

O Celta estrea mañá un microbús ideado para achegarse á súa afección en toda Galicia

RC Celta

celtamobil.jpg

Estará no centro da cidade desde as 13h e pola tarde acollerá unha sinatura de autógrafos de Orellana

 

O Real Club Celta estrea mañá, coa colaboración de Espazo Vigo, unha nova ferramenta ideada para achegarse á súa afección. Trátase dun micro bus celeste deseñado para albergar todo tipo de iniciativas dirixidas aos seguidores, desde a de exercer de punto de información durante as campañas de abonados e de venda produtos da tenda oficial até a de acoller firmas de autógrafos dos futbolistas. O vehículo estará estacionado este martes a partir das 13.00 horas no cruzamento das rúas Urzáiz e Colón, na entrada da rúa do Príncipe, para atender aos seguidores celestes e xa pola tarde, de 18.00 a 19.00 horas, acollerá unha firma de autógrafos de Fabián Orellana.

 

Este micro bus, personalizado con diversos motivos celestes, permitirá atender aos afeccionados e difundir a marca Celta ao longo de toda a xeografía galega.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas