Hemeroteca club

O Celta estréase ante a súa afección este sábado ante o Southampton no Quinocho

RC Celta

XVIII_Memorial_Quinocho.jpg

Entradas entre 25 e 50 euros. Os abonados poden acceder co seu carnet da tempada 2013/2014

 

Tras o intenso stage de pretempada en Melgaço e dous ilusionantes amigables, ante Coruxo e Porto F.C., o Real Club Celta debuta este sábado en Balaídos (20.00 horas) ante un rival de gran entidade, o Southampton, da Premier League, nun trofeo moi especial para o celtismo, o Memorial Quinocho. O prezo das entradas para este primeiro partido ante a afección celeste oscila entre os 25 euros de Preferencia e os 50 de Tribuna.

 

O Real Club Celta disputa este sábado en Balaídos o seu terceiro partido de pretempada, enmarcado nun torneo de gran valor sentimental para o celtismo, o Memorial Quinocho, que alcanza a súa XVIII edición. Trátase da presentación do equipo ante a súa afección tras os choques disputados en Melgaço e ‘O Dragao’, nos que os célticos ofreceron unha ilusionante imaxe.

 

Para este encontro, os abonados de tempada poderán acceder co seu carné xa renovado. Os anuais e mensuais tamén terán acceso gratuíto.

 

Para o público en xeral, os prezos son os seguintes: 

 

XVIII_quinocho_precios.jpg               

 

As entradas están á venda desde este mércores na oficina de abonados de 9.00 a 15.00 horas. O xoves e venres o horario será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

 

O día de partido, as entradas poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio con horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17:00 a inicio do choque.

 

A campaña de abonados segue en marcha e o club anima aos afeccionados a que se sumen á familia celeste e obteñan o seu carnet para a próxima tempada, que comeza a mediados de agosto en Balaídos ante o Espanyol.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas