Hemeroteca celtismo

O Celta estréase en Copa o sábado: merca as túas entradas para o partido ante o Athletic

RC Celta

ATH-CEL_13-14_Augusto.jpg

Manténse os prezos habituais en Liga, entre 25 e 50€ para adultos e entre 15 e 25 para Sub-24

 

A Liga ten un novo parón esta semana, pero o fútbol non se detén. A Copa do Rei comeza para o Celta cunha emocionante eliminatoria de dezaseisavos de final ante o Athletic Club de Bilbao. Balaídos acolle este sábado, ás 20:00 horas, o partido de ida dunha competición que sempre resultou atractiva para a afección celeste.

 

Para este encontro o club mantén os prezos habituais nas entradas de Liga, que oscilan entre 25 e 50 euros na categoría adulto e entre 15 e 25 euros na categoría Sub-24.

 

As entradas poden adquirirse de luns a xoves na oficina de abonados en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20.00 horas ou nos despachos de billetes do estadio o venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e o sábado en horario ininterrompido desde as 10:00 ata o inicio do partido. Ademais os billetes están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas o sete días da semanawww.celtavigo.org/taquillaCelta 

 

 

ENTRADAS

ADULTO

SUB 24

TRIBUNA

50

NON DISPOÑIBLE

RÍO ALTO

40

25

RÍO BAIXO

40

25

PREFERENCIA

35

15

GOL

25

15

MARCADOR

25

15

FONDO

NON DISPOÑIBLE

NON DISPOÑIBLE

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas