
Este domingo en Abanca Balaídos, o Celta expedirá xustificantes oficiais de asistencia dirixidos a aquelas nais que non asistan á comida do Día da Nai.
A medida responde á coincidencia do encontro fronte ao Elxe CF (14:00h) cun tramo horario que, de forma bastante xeneralizada, adoita estar reservado a celebracións familiares en honra ás propias interesadas. Unha coincidencia que podería xerar certo debate no ámbito doméstico.
O documento acreditará que a súa portadora se atopaba en Abanca Balaídos acompañando ao equipo nunha partido clave da tempada, no que o Celta mantén o seu obxectivo de volver a Europa.
O xustificante está pensado para todas as nais celtistas. Aquelas que, chegado o momento, entenden que hai días sinalados… e partidos que tamén o son.
O Celta habilitará un punto de entrega destes xustificantes nas proximidades da porta 15 (oficinas da área Celtista), ademais facilitará a súa entrega en distintos puntos da contorna de Balaídos durante a previa.