DSC09760
Novas club

O Celta, galardoado nos ESSMA Awards 2025

RC Celta

O Celta foi galardoado como o mellor club europeo na categoría Best Hospitality Initiative of the Year nos ESSMA Awards 2025, os premios máis relevantes do continente en xestión de estadios, experiencia do afeccionado e seguridade.

A entrega dos premios tivo lugar esta tarde no Tottenham Hotspur Stadium de Londres, un dos templos tecnolóxicos do fútbol europeo. Ata alí desprazáronse Raquel Lozano, responsable de operacións en Abanca Balaídos, e Ismael Fernández, arquitecto de infraestruturas, para asistir á gala, na que o Celta compartía nominación con entidades do calibre da Juventus de Turín e o CD Leganés.

Este recoñecemento sitúa a Abanca Balaídos entre os grandes estadios de Europa, destacando a súa aposta por ofrecer unha experiencia premium e próxima ao afeccionado, que deixa de ser mero espectador para vivir cada partido dende dentro, case como un xogador máis.

David González, director da área celtista, destacou que este premio “é o reflexo da paixón e do celtismo co que traballa todo o equipo”. Para o club, abrirse oco no panorama europeo tanto no deportivo coma no extradeportivo “é un orgullo e unha mostra de que cando se coida ao afeccionado, nótase, e Europa valórao”.

O club quere agradecer aos ESSMA Awards por considerar ao Celta entre os grandes do continente tamén fóra dos terreos de xogo Un orgullo para o club e para todo o celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas