homenaje-palistas-gallegos-balaidos-celta-leganes-vigo.jpg
Novas club

O Celta homenaxea a cinco palistas galegos

RC Celta

O RC Celta dedicou este venres unha merecida homenaxe aos padeeiros galegos Manuel Garrido, Óscar Graña,  Ramón Ferro, Ton Campos e José Manuel Sánchez nos prolegómenos do partido de Liga ante o Leganés.

O tres primeiros, membros do Club Kayak Tudense, proclamáronse subcampións do mundo o pasado verán na especialidade de canoa, modalidade de maratón. Ademais, Manuel Garrido tamén logrou a medalla de bronce no europeo. Tono Campos e José Manuel Sánchez, padeeiros do Breogán do Grove, súmanse á homenaxe polos seus notables éxitos internacionais tamén na especialidade de canoa.

Cada un deles recibiu unha camiseta conmemorativa personalizada cos seus nomes.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas