16_9
Celtismo

O Celta homenaxea a tradición musical das rondallas na previa do partido ante o Athletic

RC Celta

Este domingo, Abanca Balaídos abrirá as súas portas para acoller o primeiro partido de LALIGA EA SPORTS en casa deste 2025. Un emocionante encontro ante o Athletic Club que non só promete moita intensidade, senón que o RC Celta quere aproveitar a oportunidade para homenaxear unha das tradicións máis arraigadas do sur de Pontevedra, as rondallas.
En anteriores ocasións o club apostou por mostrar ao mundo a artistas galegos e celtistas de gran proxección como son Fillas de Cassandra e Abraham Cupeiro, quenes estremeceron ao estadio vigués coas súas memorables actuacións.

Nesta ocasión, e tras a calor recibida no Bernabéu durante o último partido de Copa, no que o celtismo mostrouse máis entregado ca nunca, o Celta quere agradecer á afición o seu apoio incondicional regalando un momento único de unión e orgullo cultural, que permita volver con máis forza, se é posible, á competición ligueira. O fará cun acto que contribuirá a dar a coñecer uno dos movementos musicáis máis singulares da área metropolitana de Vigo: As Rondallas.

As rondallas son formacións centenarias que emerxeron a finais do século XIX, sendo moito máis que unha agrupación musical, senón todo un símbolo de unión do pobo. A diferenza que noutras zonas de España, en Galicia as rondallas destacan pola variedade dos seus integrantes, persoas de todas as idades, e polo carácter popular dos seus instrumentos, que inclúen desde ventos e cordas ata percusión improvisada con cunchas e botellas.

Xusto antes de que os xogadores salten ao terreo de xogo será a rondalla do Centro Recreativo Cultural de Torroso a encargada de caldear o ambiente coas súas reinterpretacións de cancións populares e festivas. Un total de 130 músicos, de idades comprendidas entre os 2 ata os 86 anos, serán os protagonistas sobre o céspede de Abanca Balaídos, levando esta tradición a todo o mundo a través do sinal dun partido que se retransmite en máis de 170 países.

A Rondalla de Torroso é un exemplo destacado desta tradición. Desde os seus inicios en 1970, foi un piar cultural en Mos, participando en importantes certames no sur da provincia de Pontevedra e percorrendo as rúas co seu característico espírito festivo, un legado que foron transmitindo de xeración en xeración.

Con esta nova actuación previa ao RC Celta – Athletic Club, o club non só pretende amenizar os prolegómenos dun importante encontro, senón que busca render homenaxe a unha tan arraigada tradición que forma parte da nosa identidade e a todas as rondallas da área de Vigo. Unha tradición cuxa cita máis importante é precisamente o día anterior ao partido, coa final do gran certame de rondallas, un encontro anual no que participan 14 rondallas entre a que tamén está a do Centro Recreativo e Cultural de Torroso.

Recomendamos a todos os afeccionados acceder ás súas butacas con antelación para non perderse este espectáculo que dará comezo ás 13:45h.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas