Hemeroteca club

O Celta homenaxea este sábado á piragüista olímpica Teresa Portela

RC Celta

teresaportela.JPG

 

O RC Celta renderá no partido deste sábado en Balaídos unha merecida homenaxe á piragüista canguesa Teresa Portela, quen acaba de participar por quinta vez nuns Xogos Olímpicos sendo a única deportista española en activo con este rexistro. Dúas veces campioa do mundo e sete veces de Europa, Teresa Portela acumula 31 medallas na súa palmarés.

 

A piragüista galega será homenaxeada antes do inicio do encontro que Celta e Atlético de Madrid xogan este sábado ás 13:00 horas en Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas