A venda de billetes demorarase uns días por problemas técnicos, consecuencia do recente temporal
O Celta recibe este venres ao Levante UD (21h), un partido para o que se manteñen os prezos habituais desde a tempada pasada: entre 25 e 50 euros para adultos e entre 15 e 25 euros para afeccionados Sub-25.
Debido a complicacións técnicas, consecuencia dos efectos do temporal que a semana pasada afectou as instalacións de Balaídos, o inicio da venda de entradas para este encontro demorarase uns días, aínda que se espera poder reactivas a plataforma online ao longo deste martes: www.celtavigo.org/taquillaCelta
O club anima a abonados e afeccionados a acudir a este encontro para empuxar aos xogadores cara a un novo triunfo. O apoio do celtismo está a ser un ano máis digno de remarcar, non só en Balaídos, senón tamén lonxe de casa con claros exemplos como o último partido de Liga en San Mamés, no que a entrega da afección foi clave para cultivar un valioso punto.