Desde as 13:00 ata as 19:00 horas: photocall, maqueta do novo Balaídos, pintacaras…
O ‘Celta Móbil’, microbús temático do Real Club Celta, instalarase mañá venres na Porta do Sol de Vigo desde as 13:00 até as 19:00 horas. Os afeccionados celestes poderán gozar dunha variada oferta de actividades e propostas de temática celtista: sorteos, pintacaras, photocall, once do Celta a tamaño real, maqueta do novo Balaídos…
No mesmo escenario, a partir das 20:00 horas, Vigo dará a benvida ao Entroido coa queima do Meco e a lectura do pregón.