Hemeroteca celtismo

O ‘Celta Móbil’ visita este venres o barrio vigués do Calvario

RC Celta

microbus-celtamobil.jpg

Instalarase na zona peatonal, preto do mercado, de 12 a 19h. Pintacaras, photocall e moito máis!

 

O ‘Celta Móbil’, un microbús deseñado polo RC Celta coa colaboración de Espacio Vigo para achegar o club á súa afección, visitará mañá o barrio vigués do Calvario entre as 12 e as 19 horas. O automóbil céltico, que aparcará na zona peonil próxima ao mercado, ofrecera distintas actividades de temática celtista: pintacaras para os máis pequenos, photocall, libro de mensaxes para os xogadores…

 

Este microbús, que levantou unha gran expectación entre o celtismo durante a súa estrea a semana pasada, permitirá atender aos afeccionados e difundir a marca Celta ao longo de toda a xeografía galega.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas