Hemeroteca club

O Celta mostra un ano máis o seu apoio á iniciativa solidaria “Luatlón”

RC Celta

Luatlón15161

p>

 

O persoal e o corpo técnico do Real Club Celta mostraron o seu apoio á encomiable iniciativa do deportista Alberto Figueiro Romay, que iniciou no día de hoxe un dúatlon solidario desde O Grove até Barcelona en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A iniciativa naceu no ano 2014 cando Alberto, tras perder ao seu irmán Luís por mor dunha leucemia, decidiu promover con gran éxito un memorial consistente nunha proba de dúatlon cuxos ingresos foron destinados de maneira íntegra á AECC.

 

Durante a visita ás instalacións da Madroa os xogadores charlaron co deportista acerca da dureza do reto que se propuxo para este ano. Tras percorrer Galicia en 2014 e realizar o traxecto O Grove-Madrid en 2015 promocionando a proba, que non poderá realizarse este ano por motivos organizativos, Alberto Figueiro quixo igualmente dar un paso máis e realizar unha ruta O Grove-Barcelona en 11 días, combinando etapas correndo e outras en bicicleta. En total máis de 1200 quilómetros para lembrar ao seu irmán Luís e para sensibilizar, previr e axudar aos afectados polo cancro.

 

O Real Club Celta e a súa Fundación, conscientes da importancia que teñen iniciativas deste tipo para concienciar e sensibilizar á poboación, queren expresar o seu total apoio a este proxecto e desexarlle a Alberto Figueiro o maior dos éxitos neste novo reto solidario.

 

luatlon15162

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas