Hemeroteca club

O Celta participa nas I Xornadas de Dereito Deportivo da Universidade de Vigo

RC Celta

jornadaderecho110416.jpg

 

O director xeral do RC Celta, Antonio Chaves; o adestrador Eduardo Berizzo e o futbolista celeste Gustavo Cabral participaron este luns na inauguración das Primeira Xornadas de Dereito Deportivo que se desarrolan os días 11, 21 e 22 deste mes nas Facultades de Dereito do Campus de Ourense e de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo por iniciativa da Universidade olívica.

 

Antonio Chaves inaugurou as xornadas xunto a dous representantes da institución académica, o vicerreitor Manuel Fernández e a catedrática Ana María Pita, e participou nun debate-coloquio centrado na “Responsabilidade persoal e civil dos dirixentes deportivos e federativos”. Pola súa banda, Eduardo Berizzo e Gustavo Cabral formaron parte dunha mesa redonda sobre “Perspectivas e implicacións do Dereito Deportivo”.

 

Antonio Chaves volverá participar o venres 22 nunha interesante mesa redonda sobre “Impacto mediático e presunción de inocencia nas sancións no deporte”.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas