20260504_RecepcionConcello_PrimerEquipo_AbelCaballero-33
Novas club

O Celta pecha a tempada coa recepción oficial no Concello

RC Celta

O RC Celta de Vigo puxo esta tarde o broche institucional á tempada cunha recepción oficial no Concello de Vigo. O alcalde, Abel Caballero, recibiu á presidenta, Marián Mouriño, xunto a xogadores, conselleiros, directivos e representantes do club.

Durante a recepción, o alcalde felicitou ao equipo pola clasificación para a UEFA Europa League e destacou o traballo realizado ao longo do curso. Ademais, tamén fixo referencia ao avance da futura bancada de Gol, cada vez máis preto de converterse nunha realidade.

Pola súa banda, a presidenta do Celta tamén quixo falar do estadio, mencionando esa recente concesión, e agradeceu o apoio institucional, poñendo en valor a boa sintonía entre o club e o Concello ao destacar que “as cousas están indo ben porque todo o mundo está remando na mesma dirección”.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas