Hemeroteca club

O Celta pecha unha xornada espectacular con pleno de vitorias

RC Celta

 

vcfcel1516-final

 

Espectacular fin de semana para o Real Club Celta. Todos os equipos celestes, desde o Benxamín até o primeiro equipo, pecharon a xornada con vitorias, 93 goles a favor e tan só 6 en contra entre todas as categorías.

O primeiro equipo derrotou á Valencia en Mestalla por cero goles a dous, o que lle permitiu sumar tres puntos crave que lle achega ao soño de competir en Europa a próxima tempada. O Celta B non foi menos e tamén gañou fóra de casa. Un tanto de Borja Iglesias deu a vitoria ao filial celeste, que xa roza as posicións de permanencia en Segunda División B.

Pola súa banda o Xuvenil A goleou ao Atlético Perinés catro a cero e o Xuvenil B ao Calasanz por catro a cero, ambos os encontros disputados nas Instalacións Deportivas da Madroa. O pleno de vitorias celestes redondeouse cos triunfos dos dous equipos cadetes, o tres infantís, os dous alevíns e os dous benxamíns.

 

resultados210316.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas