TERCERA EQUIPACION-90
O Club

O Celta presenta o seu terceiro equipamento e abre a súa nova tenda oficial en Abanca Balaídos

RC Celta

O Celta, xunto coa firma Hummel, lanza a nova equipación alternativa para a tempada 2025/26. Un deseño atrevido e elegante en rosa con detalles en azul celeste, incluído o escudo, que dan como resultado unha camiseta vibrante que reflicte o espírito valente e renovado do equipo para unha campaña que promete fortes emocións.

Esta nova pel foi deseñada pensando nos grandes retos que nos agardan esta tempada, converténdose na terceira equipación para o primeiro equipo masculino e na segunda para As Celtas.

Un lanzamento moi agardado que chega acompañado dunha campaña protagonizada por Ana Toubes, Sergio Carreira e Damián Rodríguez, que encarnan á División Antipostureo, unha unidade ficticia da Policía do Flipe especializada en se infiltrar nas redes sociais e combater o exceso de postureo nas Rías Baixas. Con esta proposta en clave de humor, o club convida a gozar máis do presente e do territorio, sen a presión constante das pantallas. Menos filtros e máis realidade.

Agora ti tamén podes desafiar aos nosos axentes antipostureo e conseguir esta terceira equipación, que xa está dispoñible nas tendas físicas do club, así como na tenda online.

Precisamente coincidindo con este lanzamento, o Celta inaugura a súa nova tenda oficial en Abanca Balaídos. Un espazo totalmente renovado, situado xunto á Área Celtista e ao Museo, que conta con 400 metros cadrados nunha única planta a pé de rúa, mellorando así a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. A tenda foi deseñada para ofrecer unha mellor experiencia aos seareiros:

· Maior amplitude e mellor distribución dos produtos.
· Ata 8 caixas dispoñibles nos momentos de máxima afluencia en día de partido.
· Un punto de recollida de pedidos online accesible 24h.
· Un córner exclusivo dedicado á marca Rio1923.

Achégate a descubrir a nosa nova tenda oficial en Abanca Balaídos, un espazo moderno e accesible onde vivir o celtismo ao máximo, rodeado de historia e coas últimas novidades do equipo, entre elas, a nova e rompedora equipación do Celta para a tempada 2025/26.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas