Hemeroteca celtismo

O Celta rebaixa os prezos das entradas no arranque ligueiro ante o Getafe

RC Celta

celta-getafe1415.jpg

Os billetes de categoría adulto teñen un custe de 10€ menos respecto a pasada campaña

Apenas quedan uns días para o inicio da liga 2014/2015, unha campaña que o RC Celta e a súa afección afrontan cargados de ilusión, aínda que sempre cos pés no chan, tras as boas sensacións da pretemporada. Os celestes arrancan a competición en Balaídos ante o Getafe FC (domingo, 21h) un partido para o que o club rebaixou os prezos das entradas respecto da tempada pasada. O custo para os adultos descende 10? en todas as bancadas con butacas dispoñibles, mentres que os Sub-25 poden adquirir billetes para Río Alto e Baixo por tan só 20€ ou para Preferencia por 15€.

entradasgetafe1415.jpg

“Debemos ser todos un”, aseguraba o adestrador Eduardo Berizzo tras a goleada ao Cagliari Calcio no Memorial Quinocho. O apoio do celtismo e a súa comuñón cos xogadores, intensa e inquebrantable desde hai anos, volverá ser un dos alicerces sobre os que se constrúa o camiño cara aos obxectivos do equipo.

 

O RC Celta anima a todos os abonados a acudir este domingo ao estadio vigués, do mesmo xeito que ao resto dos afeccionados, para converter o primeiro partido da tempada nunha auténtica demostración da unión da familia celtista e para empuxar ao persoal cara a unha vitoria coa que empezar a 2014/2015 da mellor forma posible.

 

As entradas para esta primeira xornada ligueira poden adquirirse ata o venres na oficina de abonados (de 10 a 14 e de 17 a 20 horas) e nos despachos de billetes o sábado (de 10 a 14 e de 17 a 20 horas) e o domingo (de 10 a 14 e de 17 até o comezo do partido).

 

Ademais, o despacho de billetes online ofrece a posibilidade de comprar os billetes para este encontro en calquera momento do día dunha maneira cómoda e sinxela: www.celtavigo.org/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas