No exterior haberá hinchables e concerto de ‘Los Limones’ e no interior actuará Miguel Costas
O Real Club Celta recibe este sábado a ilusionante tempada 2015/2016 con diversas iniciativas destinadas a xerar un bo ambiente en Balaídos para o partido ante o Rayo Vallecano, debut do conxunto celeste en casa trala súa vitoria ante o Levante.
As iniciativas para a afección comezarán ás 16.00 horas no exterior do estadio, trala grada de Marcador, onde, en colaboración coa firma de animación X Quatro, instalaranse inchables e ‘pintacaras’ para os afeccionados máis novos. Estas actividades prolongaranse ata as 20.30 horas.
Nesa mesma zona, a partir das 18.30 terá lugar un concerto do grupo Los Limones, que actuará ata as 20.30 horas.
Máis tarde, ás 21.35, actuará o músico vigués Miguel Costas, xa no interior do estadio. O ex membro de Sinistro Total tocará coa súa banda na bancada de Preferencia e no seu repertorio incluirá, para pechar o concerto, o tema ‘Miña Terra Galega’ e unha versión propia do himno galego.
O club anima a abonados e afeccionados a que acudan a Balaídos nesta primeira xornada de Liga para arroupar ao equipo e gozar destas iniciativas e que ás 21.30 horas se citen no interior do estadio para presenciar a actuación de Miguel Costas.