Hemeroteca club

O Celta recibe as chaves da súa futura sede nun día histórico para o club, o celtismo e Vigo

RC Celta

presi-llaves-mercantil-270715.jpg

Carlos Mouriño recolleu as chaves de mans de Nicolás López-Guerra, presidente do Círculo Mercantil

 


VÍDEO EN CELTA TV


 

O ata agora edificio do Círculo Mercantil na viguesa rúa do Príncipe foi esta mañá escenario dun momento histórico para o Real Club Celta, o celtismo e a cidade de Vigo. O presidente do club celeste, Carlos Mouriño, recibiu de mans do seu homólogo do Mercantil, Nicolás López-Guerra, as chaves do inmoble que nun futuro moi próximo albergará a sede social céltica.

O proxecto de club celeste madura e fortalécese con pasos decididos e ilusionantes como este. O RC Celta conta por fin cun inmoble propio no que albergar a sede da entidade, un lugar que será un icónico punto de encontro para o celtismo e que servirá para desenvolver novas vías de negocio coas que o Celta poida seguir crecendo. Ademais, o club céltico comprometeuse nos seus plans de reforma do edificio a respectar a esencia orixinal do mesmo, protexendo e revalorizando o seu valor arquitectónico, patrimonio de Vigo e os vigueses.

O RC Celta desexa expresar unha vez máis a súa gran satisfacción pola consecución deste gran logro para a entidade e reiterar o seu extraordinario agradecemento ao Círculo Mercantil.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas