Os nenos ingresados no servizo de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro viviron hoxe unha xornada moi especial. Recibiron, con ilusión desbordante, aos xogadores e corpo técnico do Real Club Celta, que visitaron todas as habitacións, charlaron cos pequenos e fixéronlles entrega de diversos agasallos.
Esta tradicional visita do Nadal aos nenos ingresados en Pediatría constitúe un dos actos máis emotivos e gratificantes para o RC Celta e a súa Fundación polo sorriso e a ilusión dos pequenos nunhas datas moi especiais.
Á visita asistiron o presidente do club, Carlos Mouriño, a totalidade dos xogadores e corpo técnico do primeiro equipo e os directores da entidade celeste.