
O Celta reforza o seu proxecto de EA Sports FC coa incorporación de Andoni Payo Martín, coñecido na competición como AndoniiPM. O xogador español conta cunha ampla traxectoria nos eSports e formou parte de organizacións de primeiro nivel como Movistar Riders, ademais de competir en proxectos vinculados ao Atlético de Madrid eSports en ligas oficiais de FIFA.
Ao longo da súa carreira, Andoni asinou resultados destacados nos circuítos máis esixentes. Entre os seus maiores logros sobresae o título da FIFA eClub World Cup 2022, onde se proclamou campión mundial con Movistar Riders na modalidade 2vs2. O seu palmarés complétase con vitorias e postos destacados en torneos de prestixio como a LevanteUD Cup en DreamHack Valencia, Barcelona Games World ou Gamergy, ademais dunha presenza habitual en fases finais e rankings nacionais e internacionais.
Coa súa chegada, incorpórase ao xa celeste Zambrano, que realizará as funcións de adestrador e xogador suplente, dando un paso máis na aposta do club polos eSports a través da suma de talento e experiencia que consolidará este competitivo equipo.