O Celta realizou recentemente unha visita institucional á Pobra de Trives e San Xoán de Río, en pleno corazón da Ribeira Sacra, co obxectivo de estreitar lazos e abrir novas vías de colaboración coa zona. A presidenta, Marian Mouriño, acompañada por conselleiros e representantes do club, desprazouse a este recuncho único de Galicia, cheo de historia, natureza e celtismo, para sentir de preto a súa paixón.
Durante o día, o club compartiu experiencias con diversas autoridades locais e veciños, viviu en primeira persoa as tradicións da zona, e visitou un campus de fútbol en Trives, onde novas promesas gozaban do deporte e sentían as cores do Celta con orgullo.
A visita deu pé a un compromiso moi especial por parte do Concello de Trives, que prometeu enviar unha bica ao vestiario do Celta por cada gol que o equipo marque nesta tempada. Xa sexa en partidos de Liga, Europa ou Copa, ao día seguinte de cada encontro, sairá desde Trives un envío con tantas bicas como goles marcase o equipo, provenientes dunha panadería distinta en cada ocasión.
Sen dúbida, unha xornada completa de convivencia e achegamento que permitiu reforzar, unha vez máis, o vínculo do Celta con todo o territorio galego e establecer a futuro posibles proxectos en común.