Hemeroteca club

O Celta refrenda a súa melloría cun bo empate en Anoeta

RC Celta

fontas-rsocel-1415.jpg

Merecido punto para un equipo celeste ambicioso que obtivo o seu premio cun gran gol de Nolito

 

O Celta referendou a súa melloría en Anoeta cun valioso empate nun partido igualado e moi disputado, aínda que con maior dominio dos celestes. A Real adiantouse na súa primeira chegada e Nolito empatou no tramo final do choque cun gran remate á media volta.

 

Bo arranque do Celta, con moita ambición e decisión. Santi Mina e Nolito asustaron nos primeiros minutos. Fontás a punto estivo de anotar á saída dun córner. Non serviu de nada. Ao oito minutos, centro desde a dereita e gol de Agirretxe. Foi a primeira chegada da Real, e non perdoou.

 

Puido empotar o Celta aos 12 minutos cun cabezazo de Santi Mina á saída dun córner que saíu desviado por moi pouco. Os locais reaccionaron tras esa xogada e melloraron as súas prestacións nos seguintes minutos, nos que chegou con perigo en varias ocasións.

 

Ao bordo da media hora de xogo o Celta retomou o dominio e tamén acumulou moitas chegadas sen premio. Os vigueses apertaban con rabia en busca do empate, que se resistiu.

 

Tras a continuación, Rulli desviou un bo remate de Santi Mina na primeira legada celeste. Bongonda, quen debutou en Liga, foi o primeiro cambio celeste na procura de solucións, que incluíu o cambio de posición de Augusto cara ao lateral para dotar á banda dereita de maior profundidade.

 

O partido entrou no tramo final co Celta buscando con empeño o empate e unha Real que defendía con solvencia e orde. Larrivey e Nolito tentárono sen fortuna. Aos 29 minutos, Rulli atrapou ben un remate de Santi Mina tras unha boa combinación pola banda dereita. Os celestes dominaban xa o choque con claridade, pero custáballes xerar ocasións claras ante un ben plantado rival.

 

O Celta logrou igualar o choque a falta de seis minutos cun bo remate de Nolito á media volta tras un bo pase de Bongonda.

 

FICHA TÉCNICA

1-R.Sociedad: Rulli, Mikel (Elustondo, min.81), Íñigo, Granero, Agirretxe (Finnbogason, min.64), Xabi Prieto, Rubén Pardo, Canales, Chory Castro (Zurutuza, min.64), Yuri e Zaldua

 

1-R.C.Celta:  Sergio, Sergi Gómez (Bogonda, min.64), Cabral, Fontàs, Jonny, Krohn-Dehli, Augusto, Álex López (Charles, min.79), Santi Mina (Pablo Hernández, min.88), Nolito e Larrivey

 

Goles: 1-0, min.8: Agirretxe; 1-1, min.84: Nolito

 

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Mikel González Granero, Agirretxe, Zaldua, Rubén Pardo, Augusto, Álex López, Cabral, Jonny

 

Campo: Anoeta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas