O Real Club Celta reitera o seu chamamento á afección para que durante os partidos en Balaídos evite entoar cánticos que inciten á violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia. Este comportamento, totalmente minoritario, supón, como xa ocorreu en diversas ocasións, unha forte sanción económica para o club, co prexuízo que iso leva para a entidade, así como para os afeccionados que realicen os mencionados cánticos.