Sergio e Jonny, xogadores do RC Celta, visitaron este xoves o CEIP Da Cruz en Camos (Nigrán), onde estuda a nova gañadora do concurso de debuxo promovido por Frutas Nieves no marco da iniciativa “Hábitos de Alimentación e Conduta Saudables”. Durante o curso escolar 2015/16 a empresa galega, en colaboración co club vigués, realizou talleres didácticos en colexios de toda a provincia para fomentar a correcta alimentación e o coidado da saúde entre os máis pequenos.
Iria Pérez Jimeno, do CEIP Da Cruz, resultou a gañadora do concurso de debuxo sobre a temática “RC Celta de Vigo e a froita”. Os canteiráns Sergio e Jonny acudiron ao centro de ensino onde expuxeron a nenas e nenos a importancia de manter unha alimentación adecuada. Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer a dúas dos seus ídolos celestes, coleccionar os seus autógrafos e gozar con eles dunha gran merenda de froitas cortesía de Frutas Nieves.