Balaídos transformarase nun estadio universal con esta iniciativa pioneira no fútbol español
O Real Club Celta volve porse en vanguardia das novas tecnoloxías cun ambicioso proxecto, pioneiro no fútbol español, que chega da man da empresa IoTpartners: “Grada Conecta”. Esta singular iniciativa, que se porá en marcha nas próximas semanas, integrará aos afeccionados do Celta de todo o mundo nunha bancada virtual. Balaidos transformarase nun estadio universal con múltiples e novas interactuaciones entre o club e a súa afección e os propios seguidores entre si, sempre cos partidos do Real Club Celta como nexo.
O obxectivo deste proxecto é conectar ao equipo cos seus afeccionados rexistrando os seus smartphones nunha plataforma privada e intelixente, deseñada e desenvolvida por IoT Partners en colaboración con investigadores da Universidade de Vigo, que estará activa durante todos os partidos do Real Club Celta, tanto en Balaídos como fóra, e que permitirá gozar de experiencias personalizadas realmente sorprendentes e servizos totalmente innovadores.
Para levar a cabo este ambicioso proxecto, do que se irán facilitando detalles en próximas datas, o Celta asinou un acordo marco de colaboración por un período de catro anos coa start up IoTPartners.