despedida nolo horiz 14522
Celtismo

O celtismo despídese este domingo de ‘un dos nosos’: Eternas grazas, Nolito

RC Celta

A Nolito non se lle valorará só polas súas cifras, impresionantes: 181 partidos, 52 goles e 31 asistencias. Nin pola súa condición de internacional: 18 partidos e seis goles coa Selección Española. Recordaráselle, sempre, polo seu compromiso, a súa bonhomía, a súa entrega e simpatía. Polo seu eterno sorriso, a súa alma de ‘cantaor’, o seu inagotable reparto de abrazos, o seu irresistible sentido do humor. Por baleirarse en cada partido, por reanimar ao vestuario cando os resultados o amortallaban, por ser, sempre, Nolito.

A tempada 2022/2023 non terá a Nolito como celeste. Despídese do club co que máis partidos xogou, da afección á que máis quere e a que máis lle quere, do estadio que gritou con entusiasmo decenas de veces “golito de Nolito”, duns compañeiros aos que fixo mellores, aos que mimou, coidou e aconsellou. Dunha afección que se rendeu á súa capacidade futbolística e á súa bondade.

Homenaxe ao final do partido

O club e o celtismo despediranse este domingo de Nolito ao término do partido ante o Elche cunha homenaxe no que participará o presidente, Carlos Mouriño, o plantel e a afección. O RC Celta anima aos abonados e afeccionados a que acudan ao encontro e participen na despedida dun xogador inesquecible, Manuel Agudo Durán, un dos nosos. Grazas por todo o que nos deches Nolito.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club

Noticias recomendadas