GB0A7632
Celtismo

O celtismo esgota en tempo récord a camiseta especial de “Oliveira dos Cen Anos”

RC Celta

Centos de afeccionados celestes congregábanse ás portas das tendas oficiais do RC Celta, desde primeira hora da mañá, para facerse coa camiseta especial en honra a Vigo e a súa Reconquista e inspirada en “Oliveira dos Cen Anos“.
O lanzamento desta peza conmemorativa anunciábase o pasado xoves pero non era ata este luns ás 10:00 horas cando saía á venda. A cota reservada para a venda en liña esgotouse en apenas 3 minutos. Mentres tanto, as tendas oficiais da Sede e Abanca Balaídos rexistraron unha longa e intensa actividade ata primeira hora da tarde cando se despacharon as últimas unidades das tallas de adulto. Nestes momentos, están dispoñibles nas tendas físicas as últimas unidades de tallas infantís e da versión de porteiro en cor branca.

Para poñer en contexto o éxito deste lanzamento, o número de camisetas vendidas en apenas unhas horas triplicou o récord de vendas histórico do club nun único día.
Tal e como se anunciou, tratouse dunha primeira tirada de 1.809 unidades lanzadas con motivo da Reconquista. Á vista da alta demanda existente por parte do celtismo, o club xa traballa da man de Hummel para ofrecer unha segunda edición.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas