Hemeroteca celtismo

O celtismo mantén a súa ilusión: o número de novas altas segue crecendo

RC Celta

orgullososdonoso-rosendo.jpg

A campaña de abonados rexistra unhas 500 altas e unhas 3.100 renovacións nas primeiras 3 semanas

A campaña de abonados 2014/2015 mantén un excelente ritmo, en especial no referido ás novas altas. Despois de tres semanas desde o inicio da campaña rexistráronse unhas 500 altas, un gran dato que referenda o crecemento que a afección celtista ha experimentado nas últimas tempadas e o cada vez maior interese que esperta o proxecto deportivo do equipo vigués.

 

No apartado de renovacións, as oficinas de abonados rexistraron unhas 3.100. O club anima aos seus abonados a que renoven canto antes para gozar das vantaxes vixentes até o 11 de xullo e para evitar as ringleiras habituais nos últimos días de promoción. Ademais, tanto renovacións como altas que se realicen antes de dita data non pagarán suplemento nos partidos designados como ‘Día do Club’, un mínimo de tres.

 

A campaña 2014/2015 inclúe entre as súas principais novidades a creación do carné ?Sub-25? en lugar do ‘Sub-24’, vixente a pasada tempada, e un desconto do 5% para as renovacións tramitadas antes do 11 de xullo, rebaixa acumulable ás vantaxes ‘Familiares’ ou ‘Accionistas’ até un máximo aplicable do 15%.

Outro dos puntos destacados da campaña é a inclusión da categoría ‘Sub-25’ na bancada de Tribuna, onde até agora só existían prezos para ‘Adulto’, ‘Sub-15’ e ‘+65’.

Os abonados do RC Celta continuarán gozando de numerosas vantaxes co seu carné, como o acceso gratuíto ao campo de Barreiro para seguir o partidos do filial, o desconto na tenda oficial do club e en patrocinadores oficiais ou a participación en atractivos sorteos ao longo de toda a tempada.

Os abonados celestes disporán tamén de diferentes opcións para abonar o custo do carné da maneira que mellor se adapte ás súas necesidades coa Tarxeta Comercio e Visa Novagalicia Banco (até 3 meses sen intereses) ou con Credicelta (até 12 meses cunha pequena recarga).

A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias. Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo a partir do día 25 de xuño. A cota de alta será similar á da tempada pasada: 85 euros para a categoría adulto e 45 euros para o resto.

As renovacións e altas pódense tramitar tanto nas oficinas de abonados, situadas no estadio de Balaídos como a distancia, as 24 horas do día e dunha forma rápida e sinxela, a través da oficina de abonados virtual: http://www.celtavigo.org/abonosCelta

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas