Hemeroteca celtismo

O celtismo pode vivir o derbi en Balaídos con numerosas actividades e sorpresas

RC Celta

Derbi-4-3-610x400.jpg

O club organiza un gran evento o día 21 desde as 18.00 horas na Grada de Río

 

Os afeccionados do Real Club Celta poderán vivir o derbi da próxima semana dun xeito moi especial. O club organiza no estadio de Balaídos un evento con numerosas actividades que culminará coa proxección do partido nunhas pantallas xigantes que se instalarán no corredor interior de acceso aos asentos da Grada de Río Baixo, punto de encontro para o celtismo nesta xornada de festa para o fútbol galego. O prezo para asistir será de 1 euro, coa recaudación destinada a sufragar os gastos escolares dos xogadores das categorías inferiores.

 

Desde as 18.00 horas do próximo sábado 21 de febreiro, o corredor interior da Grada de Río Baixo do estadio de Balaídos converterase no punto de encontro da afección do Celta que desexe vivir o derbi dun xeito moi especial. Os seguidores que non poidan acudir a Riazor poderán vivir deste xeito o encontro nun ambiente plenamente celtista no propio estadio de Balaídos.

 

Desde esa hora, a grada albergará un programa en directo dos 40 Principales e diversas actividades e sorteos para os afeccionados celestes. Ás 20.30 horas, a Cadea Ser comezará desde o estadio a súa previa do partido, con protagonistas e toda a información sobre o encontro.

 

O derbi poderase ver en varias pantallas xigantes situadas nos extremos do corredor interior da grada e nos monitores instalados nas cantinas do estadio, con amplas zonas de restauración.

 

As entradas para este evento poderanse adquirir, un máximo de dous por persoa, a partir do próximo luns na tenda oficial do Real Club Celta situada nos baixos de Balaidos, con horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O prezo por entrada será de 1 euro e a recaudación destinarase a sufragar os gastos escolares dos xogadores das categorías inferiores.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas