ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

O celtismo regresará a Abanca Balaídos no comezo da nova tempada

RC Celta

Rematou a espera. O RC Celta e o celtismo recibiron este xoves 24 de xuño unha noticia que enche de alegría e ilusión a toda a familia celtista. O Ministerio de Sanidade informou que, co comezo da nova tempada, o público regresará aos estadios con “normal afluencia”.

Tras máis dun ano sen seareiros en Abanca Balaídos, fóra da asistencia limitada na última xornada da pasada campaña, a afección celeste volverá reunirse no estadio para cumprir coa súa vontade e labor: levar polo aire a un equipo que, sen dúbida, recibirá a presenza de afeccionados na bancada como un extra de motivación para afrontar a ilusionante tempada 21/22.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas