ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

O celtismo responde de xeito exemplar: en tres días renovaron o seu carné case o 50 por cento dos abonados

RC Celta

Espectacular resposta do celtismo nos primeiros días da campaña de abonados do RC Celta, que arrincou este luns e concluirá do día 11 do presente mes de agosto. A ilusión por ‘volver’ quedou patente nestes tres primeiros días de campaña, nos que renovaron o seu carnet case o cincuenta por cento dos abonados da tempada pasada.

A masa social celeste está ofrecendo de novo un comportamento exemplar para arroupar ao equipo nunha tempada que se presenta especialmente ilusionante dado o extraordinario rendemento dos celestes na segunda metade da anterior campaña e o espléndido desempeño do club no actual mercado de fichaxes, no que, pecháronse ata o momento as incorporacións de Franco Cervi, Matías Dituro e Javi Galán.

Cando aínda quedan seis días por diante para o peche desta fase de renovacións, case a metade dos abonados tramitaron o seu carnet no portal habilitado polo club: rccelta.es/abonados, onde se pode realizar esta xestión de xeito sinxelo e seguro.

Vantaxes

Os abonados celestes terán as seguintes vantaxes:

-Acceso aos partidos como local do RC Celta en Abanca Balaídos*

-Acceso aos partidos como local do Celta B e Celta C – Gran Pena*

-Desconto do 10% en tendas oficiais do RC Celta

-Prezo especial en camisetas oficiais durante campaña de abonados. Adulto 67€ (PVP 79,95€) Infantil 49€ (PVP 69,95€)

-Prioridade ao acceso de entradas para partidos como visitante

-Acceso promocións e contidos dixitales exclusivos reservados para os nosos abonados

-Acceso aos partidos como local de Celta Zorka Baloncesto

*Suxeito a posibles restriccións de aforo debido a condicións sanitarias

Debido ás limitacións de aforo por mor das obras no estadio, non se tramitarán altas ata que finalice a campaña de renovación de abonos.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas